Actividade: SSO
Requisitos do completado
Trátase de poñer en marcha un sistema de login único (SSO, ou Single Sign-On) para que unha aplicación web poida usalo para autenticar e autorizar ós seus usuarios.
O procedemento resumido é o seguinte:
- Descargue Keycloak da sua web oficial. Descomprima o paquete e póñao en marcha seguindo as instruccións da web. https://www.keycloak.org/
https://www.keycloak.org/getting-started/getting-started-zip - Acceda á interface de administración de Keycloak e insira algúns usuarios de mostra.
- Descargue ou clone o repositorio da aplicación cliente de proba. Póñao en marcha seguindo as instruccións da mesma. https://github.com/jairochapela/oauth2-client-flask-example
- Rexistre un cliente dende a mesma interface de administración de Keycloak para que admita redireccións de autenticación dende a aplicación cliente mediante o protocolo OAuth2.
- Probe a iniciar sesión con algún deses usuarios de exemplo.
Documente todo o proceso.
Extra: Pode intentar adaptar algunha aplicación web xa existente para que tamén empregue o SSO para autenticar ós seus usuarios.